jueves, 16 de noviembre de 2017

Des-tiempo

Hace cuatro millones de años.
Hace cinco mil.
Hace mil trescientos ochenta y dos años.
Hace medio siglo.
Hace tres meses.
Antes de ayer.
Ayer fue miércoles
y hoy
es jueves amaneciendo vacío.

Creo estar desnuda y no soy más
que una masa inerte.
Necesito remontarme al origen
no definido.
La génesis de lo humano.
Buscar aliento en extinciones
ajenas.
Vaciar
los escombros que todavía residen
dentro de mí.
Buscar una oportunidad.
Encontrar la oportunidad.

A destiempo recuperé la lucidez.
Y me vi.
Me vi.
Y no era quien yo creía.
Solo un anacronismo desubicado.


lunes, 13 de noviembre de 2017

Desierto

La gama cromática
se diluye en el horizonte.
La sospecha inunda el cielo.
El miedo
se propaga a través de la espesura.

Un perro y varios roedores
corren a mi alrededor desorientados.
No sé qué buscan.
Alguien ha borrado
de sus mentes limitadas
la palabra refugio.

Enraizada al suelo espero
a que el gris se disipe
y mis ojos horrorizados contemplan
cómo las lenguas anaranjadas
hambrientas se aproximan.

Mis ojos acuosos ya no verán
ningún arcoíris sobre estas
tierras expropiadas.
El color...
               ¿Qué significa?
Solo queda
un boceto cadavérico.

La escala de grises inventa
la palabra impotencia.
Y yo, de repente,
he aprendido a decir fuego
y llama.
Quemar se convierte en el mantra
que engulle nuestro oxígeno.

La onda expansiva
crea
la palabra asesino
y yo espero.
Espero a borrar todo
este mal sueño
y volver
a mis mundos domésticos.

Pero ya es tarde.
Hemos borrado las palabras
más queridas
y nos hemos encontrado
con muro
llamado silencio.


jueves, 9 de noviembre de 2017

Espertar

Uns beizos bican un fume de
algas.
As gorxas crepitan,
as vellas cancións se esquecen.
A espuma flota
na superficie descalza.
Espidos pensamos
en amenceres salvaxes.
Bicamos o mundo novo
collidos das mans.
E de volta sorrimos
coa boca
chea de lúas brancas.

É hora de volver.
Xa vexo o faro ao lonxe.


lunes, 6 de noviembre de 2017

Efémero

Sempre deixa a noite
uns segundos esquecidos
nun pequeno bote hermético.
Foxen os medos coa tardiña.
E quedo agochada na negrura.

Paseniño os soños se aproximan.
Son coma unha onda que me abanea.
Soños de verdade,
non sucedáneos dunha vida
empobrecida.
E o mel da ledicia ó lembrar
o non vivido
agroma nos meus beizos
un sorriso.

O sublime nun segundo
contrae cara ó efémero.


sábado, 4 de noviembre de 2017

Persistir

Somos público e escena ó mesmo tempo

A alma chea de vontade.
A morriña afasta un vento
frío.
Bater as ás
          Bater as ás
                       Bater.
Quentar o corpo,
manter fresco o maxín:
é necesario seguir voando.

O efecto bolboreta
cobra un sentido novo.
Cando se aprende 
o idioma descoñecido
das nubes foráneas.
Bater as ás
tentando non acabar
baixo a terra.

Os voos son ceibes
cando o ceo é coñecido.


martes, 31 de octubre de 2017

Cidade orfa

Arrincados os carteis da fachada,
os cristais opacos berran
nun desesperado intento
de ter dono.
O enreixado
coma unha árbore conxelada
e cuberta de musgo gris
loita contra á soidade.

Os antigos donos venderon
a totalidade da súa alma mais
un noventa e nove por cento.

As salas de espera afogan
nun silencio estranxeiro.
Xa non son habitadas.
Agardar é un verbo inútil.

Na esquina da rúa,
un kebab afúndese no olvido,
cos recunchos cubertos de carne podre.
As paredes orfas e cheas de
xenreira polo esquezo.

Continúo
cun alento premonitorio,
nun percorrido de rúas pantasma,
de muros que choran,
de espazos inanimados,
respirando o ar contaminado.

Coido que o neons rutilantes
volverán co fin de século,
coa chegada dun novo bosque,
tra-lo deserto,
tra-la odisea.
Hoxe,
as metas están caducadas


viernes, 27 de octubre de 2017



Utilizamos de forma incorrecta el verbo tocar. En realidad, nada tocamos. La ciencia dice que los átomos que conforman nuestra realidad se aproximan y quedan a una distancia tan mínima que nosotros, incapaces de percibir el pequeño vacío, creemos que existe un contacto. Necesitamos creer que así es, para nuestra tranquilidad. Sería desolador pensar que todo, absolutamente todo a nuestro alrededor, se paraliza al intuir la cercanía de algo. O de alguien.
Entonces, ¿qué hacen tus dedos moviéndose sobre unas teclas que los repelen?, ¿qué hacen tus pies intentando inútilmente pulsar los pedales?, ¿qué tipo de brujería consigue que llenes el ambiente de notas? Así, sin que el verbo exista.

La verdad es que no tocas. La fuerza electromagnética ejerce en el tándem instrumento-compositora una suerte de lenguaje. Una comunicación ininteligible para el resto de mortales, que solo sabemos utilizar palabras comunes o frases manidas. Pero lo vuestro es distinto.

La música, ese extraordinario enigma.


Escravos

Obrigados a pelexar en mil batallas,
soportando o ruído das treboadas,
o bruído estoupando nas tempas.
Botáronos pola porta de atrás,
espidos, a sede agromando,
aproveitándose
da ausencia de enerxía,
da afonía na gorxa.

Camiñamos polo asfalto ardente,
os pés feridos,
embaixo,
cristais rotos e cascallos e lixo.
Non fomos quen de adiviñar a conspiración.
Non intuímos o desastre.
Non sospeitamos que o seu oro,
os seus estómagos gourmet e os seus logos tatuados
pagáronse cos nosos folgos.

Deveciamos por ser nós mesmos.
Nós únicos.
Sen vós, sen eles.
E fumamos un cigarro tras outro,
consumindo a nosa propia cordura.
Asexando ós poucos na distancia
Á procura dun buraco no que durmir
unha eternidade.